21 - A AXILIZACIÓN DO PROCESO LABORAL NO RDL 6/2023: ACUMULACIÓN, PREITO TESTEMUÑA, EXTENSIÓN DE EFECTOS E PROCESO MONITORIO
Un dos males que afecta actualmente á administración de xustiza é a situación de conxestión á que se enfronta, algo común a todas as ordes xurisdicionais. A xustiza debe chegar a tempo ou non chegará. Tras un longo proceso de reforma, no mes de decembro de 2023 aprobouse o RDL 6/2023 que, sen entrar noutras cuestións, contén un importante bloque de medidas que procura impulsar a eficiencia procesual. O obxecto deste traballo é dar conta daquelas que incidiron de maneira directa na reforma da LRXS co devandito propósito, o que conduce á análise das catro cuestións que se anuncian no título do estudo.
Autor
Luis Enrique Nores Torres
9-49
Palabras chave
Tutela xudicial efectiva
Reforma procesual
Eficiencia procesual
Proceso laboral
Litigación en masa