Xa está dispoñible na páxina web a Memoria de actividades anual que recolle o labor realizado ao longo de 2025 polo Consello Galego de Relacións Laborais, este non é un espectador pasivo dos cambios no mundo do traballo, senón unha institución de confianza á que se recorre para anticipar retos, superar crises e tecer os acordos duradeiros que materializan eses cambios.
O Consello Galego de Relacións Laborais exerce as súas funcións con rigor, responsabilidade e vocación de utilidade social. Esa responsabilidade implica tamén render contas con transparencia da actividade desenvolvida e dos resultados acadados.
A Memoria pode descargarse na seguinte ligazón: Memoria de actividades do CGRL - 2025