| I. ANTECEDENTES
O día 28 de xuño de 2016 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que achega o proxecto de Orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio e se procede á convocatoria para o ano 2016. Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e das condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos sociais, a través da contratación ou prórroga da contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. Segundo a exposición de motivos, o mantemento para este exercicio do importante axuste nos orzamentos estatais en materia de políticas activas de emprego fai que se manteña a prioridade absoluta establecida para as entidades prestadoras de servizos sociais, especialmente para discapacidade e risco de exclusión social. Vistos o borrador agora remitido, o texto da mesma Orde para o exercicio 2015, publicada no DOG o día 29 de xullo de 2015 e o ditame emitido polo Consello con data 8 de maio de 2015 (ditame 17/2015), obsérvase que se tiveron en conta algunhas das consideracións manifestadas polas organizacións sindicais e empresarial. Do novo proxecto normativo destacan as seguintes novidades: Suprímese o apartado 4 do artigo 3, que recollía os supostos nos que se presumía a falta de capacidade técnica e de xestión suficiente por parte das entidades. O artigo 20 presenta unha modificación nos seus apartados c) e e) que regulan, respectivamente, o reintegro das axudas para o caso de incumprimento do prazo de presentación da documentación xustificativa e para o de incumprimento da obriga de satisfacer as obrigas económicas salariais. A orde para o exercicio anterior prevía para eses supostos reintegros do 2% e do 10% sobre o gasto subvencionado, mentres que o novo proxecto normativo inclúe diferentes porcentaxes de perda do dereito de cobramento ou de reintegro segundo o grao de incumprimento. O proxecto normativo engade dous novos preceptos: o artigo 14 (Coordinación da Rede de técnicos de emprego de Galicia) e o artigo 21 (Base de datos nacional de subvencións). De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todas as persoas integrantes do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estuden e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano. II. CONTIDO O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio e se procede á convocatoria para o ano 2016” consta de: Exposición de motivos, 21 artigos, catro disposicións adicionais e dúas disposicións finais. O día 12 de xullo de 2016 reúnese este Comité e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación, que contén tres consideracións xerais e catorce consideracións específicas sobre a valoración da norma, de carácter unánime, manifestadas polas organizacións sindicais e empresarial. Contén, así mesmo, como anexos as consideracións non unánimes seguintes: unha específica manifestada polas organizacións sindicais que integran o Consello Galego de Relacións Laborais (Anexo I) e tres específicas manifestadas pola CEG (Anexo II). DITAME 20/2016 En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de “Orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio e se procede á convocatoria para o ano 2016”, da Consellería de Economía, Emprego e Industria con data de rexistro de entrada neste Consello o 28 de xuño de 2016, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 12 de xullo de 2016, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións: CONSIDERACIÓNS XERAIS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAL. Primeira. Así mesmo, proponse que se amplíen as finalidades recollidas no proxecto de orde para que se fomente a inserción laboral de todas as persoas desempregadas e non exclusivamente das persoas con discapacidade e en risco de exclusión social. Segunda. Este Comité non comparte este drástico recorte. Non é entendible que, con máis de 200.000 persoas desempregadas en Galicia, as medidas para combater o paro non vexan incrementados os seus orzamentos senón que, pola contra, redúcense os recursos e o persoal destinado á atención das persoas paradas o que contribúe, ao mesmo tempo, a incrementar o volume de desemprego. Terceira. Igualmente, obsérvanse algúns erros lingüísticos (por exemplo, “larga duración” no artigo 13, en lugar de “longa duración”), polo que debería revisarse o articulado do texto para un uso adecuado da lingua galega. CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAL E SINDICAIS: Primeira. – Exposición de motivos. Segunda. – Exposición de motivos. Este Comité propón a súa eliminación en coherencia co manifestado anteriormente na consideración xeral primeira. Terceira. – Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos. Este Comité considera que se debería substituír este requisito pola esixencia de dispoñer de liña de conexión telemática. Cuarta.- Artigo 5. Subvención: contía. Polo exposto e para evitar discrecionalidade, este Comité considera que se debería eliminar o termo “máxima”, co obxecto de que o disposto no artigo 5º.2 sexa realmente o que se aplica. Quinta.- Artigo 5. Subvención: contía. Este Comité considera que debería incluírse entre os conceptos subvencionables a devandita indemnización, xa que forma parte do custo que supoñen esas contratacións para a entidade e non se trata dun custo de carácter voluntario e que, ademais, noutros programas si ten o carácter de custo subvencionable. Sexta.- Artigo 5. Subvención: contía. Este Comité considera que se debería clarificar o alcance deste precepto dado que, desde a entrada en vigor do Real decreto 16/2013, a meirande parte dos pluses son cotizables e, polo tanto, deberían ser obxecto de subvención. Sétima. - Artigo 7. Documentación. Este Comité propón que se suprima o inciso “de constitución” xa que, a nivel legal, interesa simplemente que se trate dos estatutos vixentes. Oitava. - Artigo 8. Consentimentos e autorizacións. Novena. - Artigo 10. Procedemento. Este Comité considera que a inclusión dun criterio negativo pode inducir a distorsións na puntuación total. Por outra parte, non se fan explícitos os criterios obxectivos que definirían unha posible “mala xestión”. Xa que logo, este Comité entende que se debería suprimir a valoración negativa prevista no apartado 4.e) deste artigo. Décima. - Artigo 10. Procedemento. Este Comité Delegado entende que debería cumprirse coa Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia que, no seu artigo 20.2, letra l), establece: “Avaliarase, en todo caso, o emprego da lingua galega na realización de actividades ou condutas para as que se solicita a axuda”. Así como para respectar o previsto no artigo 5.3 do noso Estatuto de Autonomía, que encomenda aos poderes públicos de Galicia o potenciamento do emprego do galego. Décimo primeira. - Artigo 11. Resolución. Décimo segunda. – Artigo 16. Avaliación das actividades levadas a cabo polos e polas axentes de emprego. Este Comité considera que se debería mellorar este sistema aplicativo e adecualo para atender as tarefas que teñen que realizar as persoas contratadas como AEDL co obxectivo de cumprir coas finalidades desta orde. Décimo terceira.- Artigo 18. Xustificación e pagamento. Pola súa banda, o artigo 20.c) prevé unhas sancións moi graves para o caso de incumprimento do prazo previsto no artigo 18.1. Así, este Comité propón que a data límite debería establecerse no texto do proxecto de orde Décimo cuarta.- Artigo 18. Xustificación e pagamento. Este Comité propón que se recolla a posibilidade de permitir á entidade solicitante subsanar a situación de ter pendente de pagamento algunha outra débeda, en tanto en canto pode non ser coñecedora da súa existencia. ANEXO I CONSIDERACIÓN ESPECÍFICA DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADA POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS UGT-GALICIA, CIG E SN. DE CC.OO. DE GALICIA: Artigo 10.-Procedemento. A Administración explica a substitución do criterio que outorgaba ata 5 puntos ao emprego do galego pola súa avaliación, unicamente, no caso de que varias solicitudes acaden a mesma puntuación cun escrito recibido da Comisión Europea (Dirección xeral da Competencia). Sen embargo, ese escrito, de data 10.10.2012, vén referido en exclusiva ao Réxime de axudas ás agrupacións de Innovación (Clusters) en Galicia, e máis en concreto aos proxectos de I+D+i. No escrito, os servizos da Comisión piden ás autoridades españolas que se absteñan de asignar puntos polo uso da lingua galega na avaliación e selección de actividades e proxectos apoiados no marco do réxime de axudas estatais de I+D+i e que ese criterio se aplique como auxiliar, para distinguir entre os proxectos aos que se teña asignado o mesmo número de puntos. É evidente que a natureza das axudas afectadas por esta Orde non garda relación algunha coa materia de I+D+i á que alude o devandito escrito da Comisión Europea, polo que consideramos que debe puntuarse directamente o criterio de utilización da lingua galega na elaboración e na realización dos proxectos ANEXO II CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA: Primeira.- Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos. A CEG considera que se debería aclarar a razón deste exclusión. Segunda.- Artigo 5. Subvención: contía. Ese novo apartado establecería o seguinte: Terceira.- Artigo 20. Perda do dereito ao cobramento e reintegro. No caso do incumprimento recollido na letra c), a CEG considera que, ao tratarse dunha documentación de carácter formal, debería habilitarse a posibilidade de solicitar unha prórroga xustificada ou ben un requirimento previo por parte da administración. Así mesmo, nos retrasos na entrega de documentación xustificativa, debe valorarse a redacción da porcentaxe de reintegro ata o 2% do importe correspondente ao tempo de retraso, se transcorre máis do 50% do prazo ( en vez do 30%). No caso recollido na letra e), relativa ao retraso no pago de salarios, a CEG propón rebaixas nos reintegros, sempre e cando se acredite o pago, aínda que sexa tardío. Por todo isto, proponse a seguinte redacción alternativa: |
Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio e se procede á convocatoria para o ano 2016.
Número ditame
20