Pasar al contenido principal

Ditame 32/21

Enviado el Mié, 13/12/2023 - 11:06
Ditame sobre o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II De apoio as persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € ( TR600B) e do Programa III De apoio as persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede a súa convocatoria para o ano 2021.
  1. ANTECEDENTES

O día 8 de xullo de 2021 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Subdirección Xeral de Emprego da Consellería de Emprego e Igualdade, que achega o proxecto de Orde pola que se modifica a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do  III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A),  do Programa II De apoio as persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € ( TR600B) e do Programa III De apoio as persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede a súa convocatoria para o ano 2021. Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.

Segundo se establece na exposición de motivos, “o pasado 11 de xuño de 2021, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde da Consellería e Emprego e Igualdade, do 9 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras do  III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19.

Practicamente rematado o prazo de presentación de solicitudes, constátase que se ten presentado un número moi reducido de solicitudes, se se compara coas presentadas nos dous anteriores plans de rescate”.

Así, introdúcense as seguintes modificacións xustificadas polo anteriormente exposto:

Amplíase a consideración de particularmente afectadas pola pandemia  a totalidade de actividades que se clasifican en códigos CNAE09 non incluídas no Anexo I do Real Decreto Lei 5/2021, do 12 de marzo, sempre e cando tivesen unha caída no volume de operacións de alomenos o 30% no ano 2020 en relación co ano 2019, así como todas as persoas profesionais e empresarias que apliquen o réxime de estimación obxectiva no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aos que se considera que se atopan particularmente afectados pola pandemia pola mera tenencia das débedas definidas no artigo 1.3 do referido Real Decreto-lei, con independencia da porcentaxe de caída do volume de operacións,  quedando excluídas, en calquera caso, actividades financeiras (exposición de motivos)

Na orde publicada o 11 de xuño de 2021, esa caída no volume de operacións que se esixía era do 40%.

Esta modificación incorpórase, entre outros, nos artigos 6, 10, 33 e 37 da orde publicada.

Por outra banda, amplíase o prazo de presentación das solicitudes que fixa o artigo 9 ata o 30 de setembro de 2021.

 

  1. CONTIDO

O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde pola que se modifica a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do  III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A),  do Programa II De apoio as persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € ( TR600B) e do Programa III De apoio as persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede a súa convocatoria para o ano 2021” consta de: Exposición de motivos, un artigo único e dúas disposicións finais.

O día 12 de xullo de 2021 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación.

 

 

DITAME 32/2021

 

 

 

En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do  III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A),  do Programa II De apoio as persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de € ( TR600B) e do Programa III De apoio as persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede a súa convocatoria para o ano 2021, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 12 de xullo de 2021, acordou  o seguinte:

Este Comité non ten consideracións que alegar ao proxecto normativo sometido a ditame.

Número ditame
32