Pasar al contenido principal

Ditame 25/23

Enviado el Mié, 13/12/2023 - 11:07
Ditame sobre o proxecto de Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao inanciamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – inanciado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023

I. ANTECEDENTES

O día 25 de xuño de 2023 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualade, que achega proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao inanciamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – inanciado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023.

Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.

Segundo a exposición de motivos “o Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano implica un itinerario persoal e integrado de orientación, asesoramento e accións de formación axustado ao perfil de empregabilidade das mulleres participantes. A formación impartida estará relacionada con postos de traballo con boas perspectivas territoriais, derivados das necesidades do mercado laboral rural e urbano no que se desenvolve o Programa, e ten por obxecto a adquisición dunha cualificación que aumente a empregabilidade das participantes e as súas posibilidades de acceso a un traballo digno, e que ao mesmo tempo reforce o desenvolvemento produtivo das zonas rurais, loite contra a brecha de xénero e mellore a permanencia das mulleres no territorio”.

Vistos o borrador agora remitido, o texto da mesma orde para o exercicio anterior (publicado no DOG o día 31 de marzo de 2022) e o ditame emitido polo Consello con data 7 de marzo de 2022 (Ditame 4/2022), obsérvase que se tivo en conta, parcialmente, unha consideración formal das manifestadas polas organizacións sindicais e empresarial.

A orde foi modificada pola Orde publicada no DOG do 1 de setembro de 2022, e que tamén foi obxecto de ditame (17/2022). Este ditame non se ten en conta agora posto que a modificación introducida na antedita orde (relativa ás posibilidades de subcontratación) foi eliminada no novo proxecto normativo que agora nos ocupa.

Do novo proxecto normativo destacan os seguintes aspectos, respecto do previsto na orde anterior:

En primeiro lugar, o artigo 2 modifica as entidades que poden ser beneficiarias das axudas. A orde anterior dirixíase aos concellos de menos de 5.000 habitantes, mentres que segundo o novo proxecto, poden ser beneficiarias entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento de persoas desempregadas axustado ao seu perfil de empregabilidade en procesos de inserción laboral por con allea ou propia.

En canto ao financiamento, obsérvase unha mingua de 110.725€ respecto da orde anterior (artigo 3).

A duración do programa será de 12 meses, eliminando o artigo 4 a posibilidade excepcional de reducir esta duración a 9 meses.

O artigo 5.1.a) engade, xunto ao obxectivo global do programa, un obxectivo particular desta convocatoria: 1.047 mulleres atendidas.

En canto á preferencia que o apartado 1.b) outorga a que as mulleres participantes residan nun concello de menos de 5.000 habitantes, este artigo obriga a que un terzo das mulleres participantes en cada programa ou proxecto resida en municipios de menos de 5.000 habitantes, cando a orde anterior prevía que un terzo do investimento se dirixiría preferentemente a proxectos neses municipios.

De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todas as persoas integrantes do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estuden e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.

II. CONTIDO.

O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao inanciamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023” consta de: Exposición de motivos, vinte e sete artigos, catro disposicións adicionais e dúas disposicións finais.

O día 6 de xullo de 2023 reúnese este comité delegado e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación, que contén unha consideración xeral e catro consideracións específicas de carácter unánime sobre a valoración da norma.

Así mesmo contén, como anexos, as consideracións específicas non unánime seguintes: una manifestada polas organizacións sindicais CIG, SN de CCOO de Galicia e UGT- Galicia (ANEXO I) e unha manifestada pola CEG (ANEXO II).

DITAME 25/2023

En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao inanciamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – inanciado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 6 de xullo de 2023, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións:

CONSIDERACIÓN XERAL SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DE CARÁCTER UNÁNIME DAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAL E SINDICAIS:

Primeira.
Obsérvase que no artigo 23 empréganse as letras j e k na clasificación.
Este comité considera que estas letras son impropias do alfabeto galego. Nas respostas remitidas pola Secretaría Xeral de Emprego, respecto deste punto da consideración noutros ditames, faise referencia ás pautas lingüísticas do DOG para manter a concordancia dos textos nas versións galega e castelá. Porén, este Comité considera que debería prevalecer o rigor lingüístico e propón o emprego doutras fórmulas que sexan coincidentes en galego e castelán.

Así mesmo, obsérvase que as disposicións adicionais non aparecen encaixadas baixo un título común, polo que se propón que se inclúa na redacción o epígrafe “Disposicións adicionais”, antes de enunciar cada unha delas. Formúlase o mesmo respecto das disposicións finais.

Por outra banda, o comité quere sinalar que as dúas disposicións derradeiras deberían denominarse disposicións finais para non contradicir a definición que do termo “derradeira” fai a Real Academia Galega.

CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAL.

Primeira. Artigo 4. Actuacións subvencionables.
No apartado c) do artigo 4 establécense as accións formativas de cualificación e recualificación profesional como actuacións subvencionables.

O comité opina que neste apartado debería de engadirse unha delimitación no número de participantes nas citadas accións formativas como xa se fai noutros textos normativos.

Segunda. Artigo 5. Obxectivos de atención e inserción e ámbitos prioritarios de incorporación ao emprego.
O apartado 2 deste artigo relaciona os ámbitos aos que deben orientarse os itinerarios personalizados.

Este Comité considera que deberían engadirse tamén ámbitos nos que exista infrarepresentación feminina.

Terceira. Artigo 8. Destino das subvencións públicas, contías e financiamento das mesmas.
O apartado 1.b) fixa a contía adicional a percibir por cada muller inserida no mercado de traballo, indicando que só se subvencionará o 20% das participantes de logren inserirse no merado laboral.

Este Comité entende que estamos ante un erro de redacción e que debería aclararse que coa antedita contía se subvencionará a porcentaxe mínima de inserción esixida, isto é, o 20% das mulleres participantes.

Cuarta. Artigo 9. Destinatarias do programa, requisitos e criterios para a selección das mulleres participantes.
O apartado 1 deste artigo establece o carácter preferentes das mulleres que residan en municipios de menos de 5.000 habitantes para seren destinatarias deste programa.

Este Comité considera que se debería adaptar esta previsión á vista da obriga recollida no artigo 5.1.b), que supón unha novidade deste proxecto normativo, e que esixe que un terzo das mulleres participantes en cada programa ou proxecto resida en municipios con menos de 5.000 habitantes.

ANEXO I

CONSIDERACIÓN ESPECÍFICA DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADA POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CIG, SN DE CCOO DE GALICIA E UGT-GALICIA.

Artigo 7. Consideración da participante como inserida.
No punto 1 deste artigo, establécese como un dos requisitos para a consideración de “participante inserida” que acredite a cotización no correspondente réxime da Seguridade Social alomenos durante 90 días non necesariamente continuados durante a duración do programa e ata os tres meses posteriores á data de finalización deste.

As organizacións sindicais que forma parte do comité de ditames consideran que debería de propoñen que a Xunta de Galicia, dentro das capacidades que lle outorga a Orde TES/1121/2021 (como autoridade competente no ámbito para determinar o período mínimo de días) incrementearse o límite de 90 días a 180 días.

ANEXO II

CONSIDERACIÓN ESPECÍFICA DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADA POLA CEG.

Artigo 7. Consideración da participante como inserida.
O apartado 4 recolle unha serie de supostos que deben excluírse para realizar o cómputo dos días cotizados de todas as mulleres que participan no programa.

A CEG non comparte a exclusión das bolsas ou prácticas non laborais e dos contratos asinados entre as mulleres participantes dun programa e a entidade promotora do mesmo, considerando que deberían eliminarse como exclusións.

Número ditame
25