Pasar al contenido principal

Ditame 19/20

Enviado el Mié, 13/12/2023 - 11:08
Ditame sobre o proxecto de orde pola que se procede á ampliación dos prazos contemplados na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V).
  1. ANTECEDENTES

O día 2 de outubro de 2020 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Subdirección Xeral de Promoción Laboral da Xunta de Galicia, que achega o proxecto de Orde pola que se procede á ampliación dos prazos contemplados na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V). Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.

 

Segundo a exposición de motivos, “por mor da situación excepcional creada pola pandemia de COVID-19, e das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España, adoptáronse unha serie de instrumentos e habilitáronse alternativas que permitiron a continuidade ordinaria da impartición das accións formativas financiadas por esta consellería no ámbito da formación profesional para o emprego”.

 

En consecuencia, establece que “cómpre tamén dar cobertura ao alumnado que participa en cursos cuxo período de execución se prorrogou, de xeito que tamén se amplíen os prazos da orde de convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020”.

 

Do seu contido destaca o artigo 1 que vén a modifica o apartado 2 do artigo 1 da orde publicada no seguinte xeito:” Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o día da entrada en vigor desta orde e o 30 de novembro de 2020”, cando o límite temporal na orde publicada era ata o 31 de outubro de 2020.

 

De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todas as persoas integrantes do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estuden e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.

 

  1. CONTIDO

 

O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde pola que se procede á ampliación dos prazos contemplados na Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2020 (código de procedemento TR301V)” consta de: Exposición de motivos, 2 artigos, 2 disposicións adicionais e unha disposición final.

 

O día 8 de outubro de 2020 reúnese este Comité e amosa a súa conformidade coa ampliación do prazos que prevé este proxecto normativo, decidindo non aportar consideracións de ningún tipo ao seu contido.

 

Número ditame
19