Vivenda e Planificación de Infraestruturas pola que se establecen as bases reguladoras
destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a
rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con
contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade
Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027
(códigos de procedemento xxxx e xxxxx)
DITAME 6/2026
|
Orde conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (códigos de procedemento xxxx e xxxxx) |
I. ANTECEDENTES
O día 23 de marzo de 2026 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que achega Proxecto de orde conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (códigos de procedemento xxxx e xxxxx).
Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3.2.b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.
A exposición de motivos lembra que:
“Cómpre sinalar como un dos puntos fundamentais para esta potenciación da forza laboral en Galicia, tanto para traballadores xa residentes nesta Comunidade Autónoma coma para os migrantes chegados á mesma, a escasa oferta de vivendas, especialmente no rural, que fai necesaria a busca de solucións habitacionais ambiciosas que solventen esta escasa oferta.
Neste contexto cabe indicar que o Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, configura a referida consellería como o departamento da Xunta de Galicia ao que corresponden as competencias e funcións en materia de vivenda, urbanismo e planificación de infraestruturas, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos seus órganos integrantes, quedando adscrito á mesma o Instituto Galego de Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1988, do 17 de abril, a través da Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo.
Ao respecto cómpre indicar que o artigo 90 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, sinala que a rehabilitación do patrimonio inmobiliario residencial será obxecto de atención primaria por parte das administracións públicas con competencia en materia de vivenda, como forma de garantir o dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada e como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do ambiente, da paisaxe e do territorio.
O artigo 91 do mesmo texto legal establece que o Instituto Galego da Vivenda e Solo desenvolverá políticas de rehabilitación e renovación do parque de vivendas de Galicia atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético, mellora da calidade e conservación dos elementos singulares das construcións existentes.
Como xa se indicou anteriormente, coa finalidade de que as persoas con contrato de traballo poidan desenvolver o seu proxecto vital en Galicia, cómpre proporcionar unha solución habitacional que solvente a actual escasa oferta de vivendas. Con este obxectivo, a través desta orde convócanse axudas destinadas á concesión de subvencións a persoas físicas, persoas xurídicas e concellos, para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual, en réxime de alugamento ou cesión de uso, a persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases reguladoras nesta orde establecen un procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que a concesión das subvencións realízase a través da comparación das solicitudes presentadas, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración fixados nesta orde e adxudicar, co límite tamén fixado nesta orde dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtiveran maior valoración en aplicación dos citados criterios”.
De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todas as persoas integrantes do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estuden e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.
II. CONTIDO
O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (códigos de procedemento xxxx e xxxxx)” consta de: Exposición de motivos, trinta e catro artigos, dúas disposicións adicionais e dúas disposicións derradeiras.
O día 10 de abril de 2026 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación, que contén dúas consideracións xerais sobre a valoración da norma, de carácter unánime, manifestadas polas organizacións sindicais e a Confederación de Empresarios de Galicia.
Contén así mesmo, como Anexos, unha consideración non unánimes manifestadas polas organizacións sindicais CIG, UGT- Galicia e SN de CCOO de Galicia (Anexo I) e tres consideracións específicas manifestadas pola CEG (Anexo II).
|
DITAME 6/2026 |
En relación coa solicitude de ditame sobre o Orde conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (códigos de procedemento xxxx e xxxxx) da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con data de rexistro de entrada neste Consello o 23 de marzo de 2026 e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 10 de abril de 2026, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións:
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAL E SINDICAIS QUE INTEGRAN O CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS:
CONSIDERACIÓN XERAL SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DE CARÁCTER UNÁNIME DAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAL E SINDICAIS:
Primeira. Letras k) e j).
Os artigos 9, 12, 23 e 27 empregan, na súa numeración, as letras j) e k), impropias do alfabeto galego.
Este Comité considera que debería prevalecer o rigor lingüístico e propón o emprego doutras fórmulas que non teñen porque ser coincidentes en galego e castelán.
Segunda. Disposicións adicionais e derradeiras.
Tamén se observa que, a diferenza doutros proxectos normativos, as disposicións adicionais non aparecen encaixadas baixo un título común, polo que se propón que se inclúa na redacción o epígrafe “Disposicións adicionais”, antes de enunciar cada unha de elas.
Formúlase a mesma consideración respecto das disposicións derradeiras.
Ademais, as disposicións derradeiras deberían denominarse disposicións finais para non contradicir a definición que do termo “derradeira” fai a Real Academia Galega, fórmula que se emprega, por exemplo, no Proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras do Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede a súa convocatoria para anualidade 2025.
ANEXO I
CONSIDERACIÓNS XERAIS E ESPECÍFICAS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS:
Única. Valoración xeral da norma e da remisión ao CGRL.
As organizacións sindicais valoran positivamente e agradecen a remisión deste proxecto de orde ao Comité de Ditames do Consello Galego de Relacións Laborais pero consideran que o contido da orde está fora das competencias deste órgano consultivo ao excederse de materias laborais e regular subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a empresas que dispoñan de centros de traballo en Galicia e non ir dirixidas directamente ao persoal traballador de ditas empresas.
ANEXO II
CONSIDERACIÓNS XERAIS E ESPECÍFICAS DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADA POLA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA:
Primeira. Artigo 3. Actuación subvencionable.
No artigo 3 o ámbito das actuacións esténdese á rehabilitación das vivendas situadas en concellos con menos de 20.000 habitantes. Co obxecto de ampliar o ámbito e ten en conta as finalidades e obxectivos da Orde poderíase valorar a inclusión no ámbito as zonas residencias de mercado tensionado.
Segunda. Artigo 9. Presentación de solicitudes.
No art. 9.5.g) (presentación de solicitudes) recóllese dentro das declaracións que a entidade solicitante coñece que as persoas ou empresas provedoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa entidades solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. Para maior seguridade xurídica debería especificarse a vinculación á que se refire o artigo mencionada por remisión á normativa de aplicación (subvencional, Código de Comercio).
Terceira. Artigo 17. Criterios de valoración.
Non parece sistematicamente correcto que neste artigo sobre criterios de valoración se incorpore a mención “Non serán subvencionables as vivendas situadas a unha distancia superior a quince quilómetros do centro de traballo”. Polo demais parece un límite de quilometraxe excesivamente baixo, que debera ser ampliado (este límite figura tamén no 1rt 25.4).
Neste mesmo artigo valórase a actividade económica da empresa empregadora establecéndose actividades declaradas como estratéxicas por Acordo do Consello da Xunta e outras actividades que se mencionan, entre elas figuran as pesqueiras, pero sería convinte incluír pesqueiras “e complexo mar – industria” para que figuren actividades que teñen gran vinculación coa realidade socioeconómica dos municipios do litoral galego.