A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, regula a transparencia e a publicidade na actividade pública, así como o dereito da cidadanía a acceder á información pública.
Seguindo os principios recollidos nesta lei, o Consello Galego de Relacións Laborais pon á súa disposición á información sobre a organización, os recursos e a xestión que desenvolve.
- Información institucional
- Información orzamentaria
- Información en materia de persoal
- Ligazóns
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (autonómica)
- Lei 9/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (estatal)
CANLE DE DENUNCIAS
Neste apartado pode accederse á Canle de denuncias da Axencia Galega de Desenvoolvemento Rural, que é a canle electrónica habilitada pola Axencia en aplicación artigo 14 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
Esta canle configúrase como a vía preferente para comunicar información relativa a supostas accións ou omisións contrarias ao sistema de integridade previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2023 e no Programa marco de integridade institucional e prevención de riscos de xestión 2021-2024, do 26 de maio de 2021, aprobados ambos os dous polo Consello da Xunta de Galicia.
A comunicación por esta canle estrutúrase en dúas modalidades:
Modalidade anónima, na que non é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que deban investigar non coñezan a súa identidade.
Modalidade nominativa, na que é precisa a identificación da persoa informante, de xeito que os órganos que investigan coñecen a súa identidade e os seus datos de contacto e notificación. Nesta modalidade poderase manter a comunicación coa persoa informante para os efectos de solicitarlle, se é o caso, que aclare ou amplíe a información, e comunicarlle o tratamento dado á súa información, agás que renunciase expresamente a recibir comunicacións do responsable do sistema. Non obstante, garantirase a confidencialidade da persoa informante.