Ir o contido principal

Revista Galega de Dereito Social

A Revista Galega de Dereito Social, na súa nova edición, é unha publicación científica do Consello Galego de Relacións Laborais, dirixida a difundir entre os colectivos docentes, investigadores e profesionais interesados no mundo laboral a actualidade legal, xurisprudencial e doutrinal na materia, con especial incidencia no marco galego de relacións laborais. Segue a filosofía do acceso aberto ao coñecemento xurídico, promovendo ademais a creación de textos xurídico-laborais en galego, para consolidar o seu uso técnico.

É a única publicación científica na materia dispoñible en internet en lingua galega. Os PDF da revista inclúen no mesmo arquivo as dúas versións lingüísticas dos artigos, primeiro en galego e despois en castelán.

Ten unha periodicidade semestral. O Consello de Redacción, de forma excepcional, poderá aprobar a publicación dun número extraordinario de carácter monográfico, a instancia do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais.

Pódese consultar cada edición da revista premendo nos enlaces que se achegan. Desde o Consello Galego de Relacións Laborais esperamos que sexan do seu agrado e interese.

Tamén están dispoñibles para a súa consulta as edicións publicadas na etapa antiga da Revista Galega de Dereito Social. Pódese seleccionar o modo de descarga:

  • Formato completo: engloba a totalidade do número seleccionado
  • Formato fragmentado: o número elixido está dividido para que o tempo de descarga sexa inferior ou para que poida seleccionar a sección que máis interese.

Números editados en versión dixital