Ir o contido principal

Ditames

O artigo 3.2b) da súa lei reguladora establece como unha das funcións do Consello a de emitir, con carácter preceptivo e non vinculante, ditame sobre os proxectos normativos dos organismos e departamentos da Administración autonómica e doutras institucións da Comunidade autónoma en materia laboral.

Para o cumprimento desta función creouse en 1991 o Comité Delegado do Pleno para a emisión de ditames, composto polas persoas titulares da presidencia e secretaría do Consello (ou quen as substitúa) e por seis membros do Pleno, tres en representación das organizacións sindicais e tres en representación das organizacións empresariais.

A normativa reguladora configura este comité como un órgano colexiado, que garante a eficacia e axilidade na emisión de ditames. O seu funcionamento segue as normas previstas no anexo ao regulamento interno de organización e funcionamento do organismo.

2025

2024

2023

2022

2021

2020

2019

2018

2017

2016

2015

2014

2013

2012

2011

2010

2009

2008

2007

2006

2005

2004

2003

2002