| I. ANTECEDENTES
O día 31 de marzo de 2017 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Subdirección Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que achega o proxecto de Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), e se aproba a convocatoria para o ano 2017. Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais. A Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, recolle no título IV os mecanismos de acción positiva na formación para o emprego e as demais políticas activas de emprego a favor das persoas en situación ou risco de exclusión social. Segundo a exposición de motivos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para dar cumprimento a ese mandato legal, implementa para o ano 2017 un programa dirixido a fomentar a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional, mediante a contratación subvencionada de persoas desempregadas de moi difícil inserción laboral e/ou en risco de exclusión social, beneficiarias da renda de integración social de Galicia. Vistos o borrador agora remitido, o texto da mesma orde para o exercicio de 2016 (publicado no DOG o día 30 de decembro de 2015) e o ditame emitido polo Consello con data 21 de decembro de 2015 (Ditame 51/2015), obsérvase que se tivo en conta algunha das consideracións manifestadas polas organizacións sindicais e empresarial. Do novo proxecto normativo destácanse os seguintes aspectos: O prazo para resolver as solicitudes e notificar redúcese de cinco meses a tres (artigo 11). O artigo 12 regula os requisitos das contratacións obxecto das axudas e presenta, respecto da Orde para o exercicio 2016, dúas novidades: por unha banda, o prazo no que deben formalizarse os contratos virá determinado na resolución de concesión (aínda que, en todo caso, deben formalizarse dentro do ano 2017), cando na orde anterior o prazo era dun mes desde que se notificaba a resolución de concesión. Incorpórase ao proxecto normativo a regulación da substitución de traballadores e traballadoras no artigo 13. O artigo 17, que regula a perda do dereito ao cobramento e reintegro da subvención, engade un novo suposto no seu apartado c) para o caso de incumprimento do prazo establecido para a presentación da documentación xustificativa para o pagamento. Asi mesmo, respecto da previsión do incumprimento de satisfacer as obrigas económicas de carácter salarial, recollida no apartado e) do devandito artigo, modifícase a porcentaxe de reintegro que procede. Na orde anterior era, en todo caso, o 10% do gasto subvencionado, mentres que, no actual proxecto de orde, a porcentaxe de reintegro fíxase en función do importe salarial aboado fóra de prazo. De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todas as persoas integrantes do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estuden e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano. II. CONTIDO. O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), e se aproba a convocatoria para o ano 2017” consta de: Exposición de motivos, 17 artigos, dúas disposicións adicionais e dúas disposicións finais. O día 11 de abril de 2017 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación, que contén catro consideracións xerais e doce consideracións específicas sobre a valoración da norma, de carácter unánime, manifestadas polas organizacións sindicais e a Confederación de Empresarios de Galicia. Contén así mesmo, como anexo, unha consideración específica sobre a valoración da norma de carácter non unánime manifestada polas organizacións sindicais. DITAME 13/2017 En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), e se aproba a convocatoria para o ano 2017, con data de rexistro de entrada neste Consello o 31 de marzo de 2017, e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 11 de abril de 2017, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións: CONSIDERACIÓNS XERAIS SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DE CARÁCTER UNÁNIME DAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAL E SINDICAIS: Primeira. Segunda. Terceira. - Número de solicitudes presentadas Cuarta. CONSIDERACIÓNS ESPECÍFICAS DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA MANIFESTADAS POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAL. Primeira.Exposición de motivos. Segunda. Artigo 2.- Financiamento. Terceira. Artigo 4.- Contía da subvención. Este Comité entende que deberían incluírse como subvencionables ambos conceptos, mais aínda se se ten en conta que hoxendía practicamente non existen conceptos excluídos da base de cotización. Cuarta. Artigo 8. Consentimento e autorizacións. O mesmo se observa respecto do artigo 9. Quinta. Artigo 11. Resolución. Este Comité entende que, dado que a finalidade desta convocatoria é atender a persoas en situación delicada e urxente, o dito prazo debería reducirse a un mes. Sexta. Artigo 11. Resolución. Sétima. Artigo 12. Requisitos da contratación. Este Comité entende que se deberían flexibilizar as fórmulas de contratación para permitir tamén a contratación a tempo completo. Oitava. Artigo 12. Requisitos da contratación. Este Comité entende que, de cara a non discriminar a outros colectivos beneficiarios, a redacción debería ser: “terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da RISGA que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral”, polo que se propón a supresión do resto do parágrafo. Novena. Artigo 12. Requisitos da contratación. Este Comité considera que deberían constar expresamente na orde cales son as referidas situacións excepcionais. Décima. Artigo 15. Obrigas dos/as beneficiarios/as. (sic) Décimo primeira. Artigo 15. Obrigas dos/as beneficiarios/as. (sic) Décimo segunda. Artigo 17. Perda do dereito ao cobramento e reintegro. ANEXO CONSIDERACIÓN E ESPECÍFICA DE CARÁCTER NON UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA, MANIFESTADA POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS UGT-GALICIA, CIG E S.N. DE CCOO DE GALICIA. Exposición de motivos. No parágrafo segundo da exposición de motivos deste proxecto normativo vencéllase esta orde co eido do “Diálogo Social entre o goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia”. As organizacións sindicais que integran este Comité consideran que debería suprimirse esta referencia pola súa carencia de relación material co contido desta orde. |
Ditame sobre o proxecto de orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), e se aproba a convocatoria para o ano 2017.
Número ditame
13