Ir o contido principal

Actividade do consello

ACTIVIDADES ORDINARIAS DO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS PARA O ANO 2026

O Pleno do Consello, en xuntanza telemática do 27/02/2025, aprobou, por unanimidade, as actividades a levar a cabo polo organismo no ano 2026. A relación de actividades é orientativa e pode modificarse ou ampliarse ao longo do ano por acordo da Comisión Permanente, do que se dará conta posteriormente ao Pleno.

ACTIVIDADES NA ÁREA DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA

  • Recomendación de axilidade na constitución das mesas negociadoras.
  • Impulso e promoción da negociación colectiva no ámbito da CA de Galicia.
  • Asistencia técnica a mesas de negociación e comisións paritarias, incluíndo: a posta ao disposición de salas e medios materiais para a negociación, efectuar convocatorias a petición de parte, levantamento de actas, ofrecemento de cláusulas tipo, asesoramento técnico e xurídico, ofrecemento do Consello como sede das comisión paritarias, información sobre ámbito de aplicación de convenios, así como todo aquelo que poida ser de axuda e utilidade para as partes negociadoras e se poda asumir polo Consello.
  • Rexistro de convenios e acordos no REGCON.
  • Publicación de todos os acordos marco e convenios colectivos autonómicos que se asinen.
  • Elaboración polo Observatorio de negociación colectiva de ditames sobre consultas relativas ao CC aplicable.
  • Aprobación de cláusulas tipo polo Observatorio NECOL para incorporar na negociación colectiva
  • Elaboración, no seo do Observatorio de Negociación Colectiva, da recomendación para a negociación colectiva.
  • Elaboración de Informes con datos sobre convenios asinados e revisados e outros acerca da situación da negociación colectiva galega, xunto con información sobre ultraactividade e inaplicacións rexistradas.
  • Edición dos Boletíns do Observatorio de Negociación Colectiva.
  • Desenvolvemento de funcións de mediación e conciliación por parte da presidenta do Consello e do xefe do Servizo de Solución de Conflitos.
  • Seguimento especial e un ofrecemento proactivo dos medios do Consello ás partes negociadoras de convenios colectivos con vixencia expresa esgotada e que se atopen pendentes de renovación.
  • Mantemento e actualización da base de datos de convenios colectivos.
  • Elaboración, no seo do Observatorio de Negociación Colectiva, dunha cláusula adicional de submisión ao AGA nos convenios colectivos.
  • Elaboración, no seo do Observatorio de Negociación Colectiva, dunha Guía de recomendacións para a dixitalización na negociación colectiva.
  • Elaboración, no seo da CCAINC, dunha recomendación para integrar a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.
  • Elaboración, no seo da CCAINC, dunha recomendación sobre a situación de violencia de xénero no ámbito laboral.

 

ACTIVIDADES NA ÁREA DE SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLITOS DE TRABALLO (AGA)

  • Difusión da publicación do AGA e ofrecemento dos procedementos extraxudiciais de solución de conflitos colectivos de traballo ás empresas e ás súas organizacións; ás organizacións sindicais e ás comisións negociadoras de convenios colectivos.
  • Avanzar no desenvolvemento dos traballos e contactos necesarios de cara a análise dos medios materiais e humanos indispensables de cara a posta en marcha no momento oportuno do procedemento extraxudicial de solución de conflitos individuais.
  • Prestarase unha especial atención á cumprimentación das enquisas de calidade e satisfacción, así como á análise das mesmas por parte da comisión paritaria do AGA.
  • Valorar a organización dun encontro de mediadores para a posta en común das principais cuestións que afectan ás mediacións.
  • Elaboración de estatísticas relativas aos expedientes promovidos.
  • Elaboración dun Protocolo para os supostos excepcionais en que os procedementos de mediación e arbitraxe se tramiten de maneira telemática.
  • Elaboración dun documento informativo que se achegará xunto con cada convocatoria de xuntanza de mediación, no que se traslade ás partes as normas básicas do procedemento (número de asistentes, principios reitores, etc).

ACTIVIDADES NA ÁREA DE EMISIÓN DE DITAMES (FUNCIÓN CONSULTIVA DO CONSELLO)

  • Emisión de ditames sobre os proxectos normativos que se remitan ao Consello polos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Análise das consideracións manifestadas nos ditames polas organizacións, estudar as aceptadas pola Xunta de Galicia e as non aceptadas e trasladar, de ser o caso, propostas ao órgano competente da Consellería.
  • Recompilación dos ditames emitidos en 2025.

 

ACTIVIDADES NA ÁREA DE FOMENTO DO DEBATE SOCIAL

  • Acto de presentación pública do Estudo sobre a influencia da dixitalización nas relacións laborais.
  • Participación do Consello, como colaborador, en foros de debate organizados por asociacións no eido laboral:

              -Colaboración coa sección galega da AEDTSS na xornada “Novos contidos da negociación colectiva” (Santiago de Compostela, 13 de marzo).

             -Colaboración coa USC na Microcredencial Universitaria en Dereitos laborais e saúde: hacia un benestar 360º (Santiago de Compostela, abril e maio).

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS

  • Curso en colaboración coa Universidade de Vigo.
  • II edición do Curso de especialización en Dereito dixital e intelixencia artificial do traballo e da Seguridade Social, en colaboración coa Universidade de A Coruña.
  • II Ciclo de cursos de formación específica en negociación colectiva, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, articulada mediante o sistema de microcredenciais.
  • Xornada sobre o Estatuto do Bolseiro. 
  • Xornada da CCAINC sobre a recomendación para integrar a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais (Ourense, mes de outubro). 
  • Xornada sobre dereitos e obrigas de persoas traballadoras e empresas no ámbito da IA. 
  • Xornada sobre xestión da suspensión e incapacidade permanente: un enfoque integral para empresas e traballadores tras a reforma pola lei 2/2025 (Ferrol, 29 de abril).

 

  • Seminario sobre Elaboración e aplicación de medidas de igualdade e non discriminación LGTBI (Santiago de Compostela, 22 de abril). 
  • Seminario sobre a Intelixencia artificial responsable na negociación colectiva: ferramentas para a preparación e a análise. (Santiago de Compostela, 2 de xullo).

 

PUBLICACIÓNS E ESTUDOS

  • Memoria de actividades do ano 2025.
  • Informe de negociación colectiva do ano 2025.
  • Informe da situación sociolaboral de Galicia no ano 2025.
  • Boletíns de negociación colectiva e de información sociolaboral
  • Revista Galega de Dereito Social. Publicación de tres números ordinarios.
  • Estudo analizando os ámbitos sectoriais carentes de convenio colectivo en Galicia, incluíndo unha perspectiva de xénero.

 

OUTRAS CUESTIÓNS DE RELEVANCIA QUE AFECTAN A ACTIVIDADE DO CGRL

  • Posta en funcionamento da xestión de xuntanzas dos órganos do CGRL a través do portal web.
  • Difusión do novo portal web.
  • Difusión do novo buscador de convenios colectivos.