Ir o contido principal

Ditame 32/23

Enviado o Mér, 13/12/2023 - 11:07
Ditame sobre o proxecto de Orde pola que se modifica a ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023
  1. ANTECEDENTES

 

O día 20 de setembro de 2023 tivo entrada no Consello Galego de Relacións Laborais escrito da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que achega o proxecto de orde pola que se modifica a ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023. Solicítase o ditame preceptivo sobre o citado proxecto normativo, para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.

 

Esta orde engade un apartado 5 ao artigo 4 da orde publicada no DOG nº 159, do 23 de agosto de 2023 co seguinte contido que se transcribe a continuación:

 

  1. Poderán ser obxecto de subcontratación únicamente as accións previstas nos apartados c) e d) do punto 1 deste artigo.

 

  1. a) Entenderase por subcontratación os gastos derivados da contratación con terceiros da execución da formación dirixida ás persoas desempregadas participantes no programa nos termos establecidos nesta orde. Cando as entidades beneficiarias teñan que recorrer á subcontratación, deberán cumprir co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

  1. b) Non se considera subcontratación a contratación directa por parte da entidade beneficiaria do persoal docente para a impartición da formación subvencionada. Por contratación de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas (por conta propia ou allea).

 

  1. c) Poderán ser obxecto de subcontratación unicamente as actividades de formación incluídas no artigo 4.1.c) e 4.1.d) e ata o límite do 40% do custo final da actividade subvencionada.

 

  1. d) A/s entidade/s subcontratada/s deberán presentar unha declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo» (principio Do Not Significant Harm –DNSH) no sentido establecido no apartado 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021, segundo o Anexo V da orde de convocatoria.

 

En todo caso, a entidade beneficiaria asume a responsabilidade da execución da actividade subvencionada frente á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.”

 

De modo inmediato foi enviada copia do borrador a todas as persoas integrantes do Comité Delegado polo Pleno para a emisión de ditames, a fin de que o estuden e elaboren as súas propostas para a xuntanza a celebrar polo citado órgano.

 

  1. CONTIDO

O texto do proxecto normativo remitido para ditame denominado “Orde pola que se modifica a ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023” consta de: Exposición de motivos, un artigo e unha disposición final.

 

O día 25 de setembro de 2023 reúnese este Comité Delegado e acorda emitir o ditame que se referencia a continuación, que contén unha consideración xeral manifestada polas organizacións sindicais e a Confederación de Empresarios de Galicia.

 

 

 

 

DITAME 32/2023

 

 

En relación coa solicitude de ditame sobre o proxecto de Orde pola que se modifica a ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, con data de rexistro de entrada neste Consello o 20 de setembro de 2023 e para os efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 3º.2 b) da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións laborais, o Comité Delegado polo Pleno do Consello para a emisión de ditames, despois da xuntanza celebrada o día 25 de setembro de 2023, acordou pronunciarse en canto ás seguintes consideracións:

 

 

CONSIDERACIÓN XERAL DE CARÁCTER UNÁNIME SOBRE A VALORACIÓN DA NORMA DAS ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAL E SINDICAIS QUE INTEGRAN O CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS:

 

Tendo en conta a previsión de que as subvencións obxecto da orde do 1 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – financiado pola Unión Europea – Next Generation EU e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 se tramiten segundo o procedemento de concorrencia non competitiva, e que a modificación contida na orde a ditaminar afecta a un artigo substancial,  este Comité considera que se debería ampliar o prazo de presentación de solicitudes inicialmente previsto así como permitir que aquelas entidades que xa tiveran presentado a solicitude poidan modificala con base nesta modificación da orde.

 

 

Número ditame
32