Ir o contido principal

30 aniversario do Consello Galego de Relacións Laborais

Hace 30 años, el 27 de febrero de 1989, se reunió por primera vez el Pleno del Consello Galego de Relacións Laborais. La creación del Consello respondía a la necesidad de establecer canales institucionales de encuentro y participación entre organizaciones representativas de trabajadores y trabajadoras y de empresas dentro del respeto a la autonomía de los sindicatos y de las organizaciones empresariales en el ámbito de sus competencias. Hoy, treinta años después, el Consello sigue siendo ese marco permanente de encuentro de las entidades reconocidas como interlocutoras sociales y una institución imprescindible en las relaciones laborales en Galicia. Por eso, el  pasado 27 de febrero, en el salón de convenciones de la Cidade da Cultura de Galicia, celebramos ese 30 aniversario y queremos compartir ese momento con todas las personas vinculadas con el organismo y con el ámbito laboral.

Esta celebración fue también un acto muy emotivo al contar con la presencia de  todas las personas que estuvieron a cargo de la presidencia del Consello a lo largo de estos 30 años. Junto a   actual presidenta, Verónica Martínez Barbero y la secretaria general del Consello, Marisa Peña Cebreiro, allí estaban Luis  Caramés Viéitez, Benigno Sánchez García, Teresa Pedrosa Latas y Demetrio Fernández López. Nos acompañaba también el representante de la junta de vicepresidentes de la CEG, Antonio Fontenla Ramil, los secretarios generales de la CIG, Paulo Carril Vázquez y SN de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento Solla y el secretario de Política Institucional de UGT-Galicia, Xosé Carlos Rodríguez de él Río, en representación de las organizaciones que conforman el Consello, junto a miembros del Pleno y más de 140 personas de los colectivos vinculados al organismo y al mundo laboral: organizaciones  sindicales y empresariales, universidades gallegas y escuelas de relaciones laborales,  judicatura (con su máximo representante, el presidente del TSX de Galicia, Miguel Ángel  Cadenas Sobreira),  colegios de graduados sociales y colegio de abogados de Galicia, personal del Consello y de la Secretaría General de Empleo de la Xunta de Galicia, entre otras personas invitadas. La inauguración corrió a cargo del conselleiro de Economía, Empleo e Industria, Francisco Conde López, que estuvo acompañado por la secretaria general de Empleo, Covadonga Toca Carús.

El Consello tuvo la oportunidad de agradecer a todas esas personas su colaboración y apoyo a lo largo de estos 30 años. Y quiso agradecer y reconocer públicamente la labor de tres de las personas que más han trabajado en el desarrollo y consolidación de este Consello a lo largo de estos años: Carlos Domenech de Aspe, que  fue máximo representante de la Inspección de Trabajo y Seguridad Social en Galicia y protagonista de muchos de los procedimientos de mediación y arbitraje gestionados al amparo del AGA; Francisco Javier Gárate Castro, catedrático de Derecho del  Trabajo y de la Seguridad Social  de la Universidad de Santiago de Compostela y director del Curso Superior de Relaciones Laborales a lo largo de sus 29 ediciones, y María Emilia Casas Baamonde, catedrática de Derecho del  Trabajo y de la Seguridad Social  de la Universidad Complutense de Madrid, presidenta emérita del Tribunal Constitucional de España y redactora del texto del AGA en 1992.

Agradecimiento también a José Mª Casas de Ron, jefe de la Inspección de Trabajo y Seguridad Social de Pontevedra, por pronunciar las laudatio de las personas homenajeadas, y a nuestra amiga Rosanna López Salgueiro por la fantástica conducción del acto.

 

Discurso de la presidenta del CGRL

vídeo 30 aniversarioHai 30 anos, o 27 de febreiro de 1989, reuniuse por primeira vez o Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais. A creación do Consello respondía á necesidade de establecer canles institucionais de encontro e participación entre organizacións representativas de traballadores e traballadoras e de empresas dentro do respecto á autonomía dos sindicatos e das organizacións empresariais no ámbito das súas competencias. Hoxe, trinta anos despois, o Consello segue a ser ese marco permanente de encontro das entidades recoñecidas como interlocutoras sociais e unha institución imprescindible nas relacións laborais en Galicia. Por iso, o pasado 27 de febreiro, no salón de convencións da Cidade da Cultura de Galicia, celebramos ese 30 aniversario e queremos compartir ese momento con todas as persoas vinculadas co organismo e co ámbito laboral.

Esta celebración foi tamén un acto moi emotivo ao contar coa presenza de todas as persoas que estiveron a cargo da presidencia do Consello ao longo destes 30 anos. Xunto a actual presidenta, Verónica Martínez Barbero e a secretaria xeral do Consello, Marisa Peña Cebreiro, alí estaban Luis Caramés Viéitez, Benigno Sánchez García, Teresa Pedrosa Latas e Demetrio Fernández López.  tamén o representante da xunta de vicepresidentes da CEG, Antonio Fontenla Ramil, os secretarios xerais da CIG, Paulo Carril Vázquez e SN de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento Solla e o secretario de Política Institucional de UGT-Galicia, Xosé Carlos Rodríguez del Río, en representación das organizacións que conforman o Consello, xunto a membros do Pleno e máis de 140 persoas dos colectivos vinculados ao organismo e ao mundo laboral: organizacións  sindicais e empresariais, universidades galegas e escolas de relacións laborais,  xudicatura (co seu máximo representante, o presidente do TSX de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira), colexios de graduados sociais e colexio de avogados de Galicia, persoal do Consello e da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, entre outras persoas invitadas. A inauguración correu a cargo do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, que estivo acompañado pola secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús.

O Consello tivo a oportunidade de agradecer a todas esas persoas a súa colaboración e apoio ao longo destes 30 anos. E quixo agradecer e recoñecer publicamente o labor de tres das persoas que máis teñen traballado no desenvolvemento e consolidación deste Consello ao longo destes anos: Carlos Domenech de Aspe, que  foi máximo representante da Inspección de Traballo e Seguridade Social en Galicia e protagonista de moitos dos procedementos de mediación e arbitraxe xestionados ao abeiro do AGA; Francisco Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do  Traballo e da Seguridade Social  da Universidade de Santiago de Compostela e director do Curso Superior de Relacións Laborais ao longo das súas 29 edicións, e María Emilia Casas Baamonde, catedrática de Dereito do  Traballo e da Seguridade Social  da Universidade Complutense de Madrid, presidenta emérita do Tribunal Constitucional de España e redactora do texto do AGA en 1992.

Agradecemento tamén a José Mª Casas de Ron, xefe da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra, por pronunciar as laudatio das persoas homenaxeadas, e a nosa amiga Rosanna López Salgueiro pola fantástica condución do acto.

 

Discurso da presidenta do CGRL

vídeo 30 aniversario