Ir o contido principal

20 - O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL NO CONTEXTO DA CARTA SOCIAL EUROPEA

Enviado o Lun, 12/08/2024 - 11:08
O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL NO CONTEXTO DA CARTA SOCIAL EUROPEA

A contía do salario mínimo interprofesional ten como finalidade cuantificar economicamente a acción de dar que supón o cumprimento da obriga empresarial de retribuír o traballo realizado, pero tamén ten outra que está directamente relacionada coa razón de traballar, que é a de obter ingresos económicos suficientes para facer fronte ás necesidades da vida da persoa traballadora e daqueloutras que dela dependan. O dereito a unha remuneración suficiente (que menciona a Constitución Española no seu artigo 35.1) é o punto de partida para analizar aquí a contía do salario mínimo interprofesional en España, tomando como referencia legal (e obrigatoria) a Carta Social Europea e a súa interpretación e aplicación por parte do Comité Europeo de Dereitos Sociais. De acordo con esta referencia, a contía do salario mínimo interprofesional español non garante un nivel de vida digno e, por iso mesmo, é manifestamente inxusta, razón pola cal resultan de suma importancia todas aquelas iniciativas que propoñen incluír no artigo 27.1 do Estatuto dos Traballadores que a contía do salario mínimo interprofesional se sitúe como mínimo no 60% do salario medio (cumprindo
 Traballo realizado ao amparo do proxecto de investigación estatal PID2022-136807NB-I00, otorgado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. International Expert Consultant of the Council of Europe (Department of the European Social Charter).
40 DOUTRINA RGDS (20, 2024)
o disposto polo Comité Europeo de Dereitos Sociais en aplicación da Carta Social Europea); e moito máis desde o momento en que Directiva (EU) 2022/2041 permite aos Estados membros contías inferiores.

Autor
Xosé Manuel Carril Vázquez
39-71
Palabras chave
Salario mínimo
España
Carta Social Europea
Incumprimento
Unión Europea