O Consello Galego de Relacións Laborais organiza o acto de presentación do "Informe sobre a dixitalización nos convenios colectivos de sector galegos".
Este terá lugar o vindeiro 22 de xaneiro na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito - Campus Vida - da Universidade de Santiago de Compostela.
O Consello Galego de Relacións Laborais acordou encargar a elaboración do presente informe, realizado por persoal investigador da USC e da Universidade de León, co obxectivo de dispoñer dunha análise sistemática e exhaustiva sobre a forma en que a dixitalización está a ser tratada nos convenios colectivos sectoriais vixentes en Galicia.
Para máis información pode consultarse o tríptico do acto de presentación do Informe desde o que tamén poderá acceder ao Informe completo.