Entre as funcións recoñecidas ao Observatorio Galego da Negociación Colectiva na Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais figuran as de estudar e impulsar a negociación colectiva, dentro do respecto ao principio de autonomía colectiva, así como a de formular e promover propostas de boas prácticas na negociación colectiva e difundir e promover as boas prácticas xa existentes.
En exercicio desas funcións, o Observatorio Galego da Negociación Colectiva, na súa xuntanza de data 27.04.2026, aproba a proposta de inclusión dunha cláusula adicional de submisión ao AGA nos convenios colectivos.