O CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS vén de publicar a Guía de boas prácticas na mediación ao abeiro do AGA, tras a súa aprobación definitiva no seo da Comisión Paritaria do AGA.
Este documento ten como obxectivo ofrecer un conxunto de orientacións claras e contrastadas que sirvan de apoio ás persoas mediadoras, así como ás distintas partes implicadas nos procesos de resolución de conflitos no ámbito laboral.
A guía inspírase en principios fundamentais como a imparcialidade, a confidencialidade, a voluntariedade e o respecto mutuo.