Ir o contido principal

Publicación da Recomendación sobre diversidade sexual

O CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS vén de publicar a Recomendación sobre diversidade sexual elaborada no seo da Comisión consultiva autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva.

Este documento é froito dunha colaboración entre o Consello e o Consello da cultura galega, e busca dar cumprimento á obriga das institucións públicas de facilitar documentos e guías que poidan ser de axuda na eliminación de estereotipos lgbtifóbicos ou no desenvolvemento de recomendacións para que a igualdade laboral sexa real e efectiva.