Ir o contido principal

Publicadas as Recomendacións para a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais a través da negociación colectiva

Vénse de publicar as Recomendacións para a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais a través da negociación colectiva, elaborado pola Comisión Consultiva Autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva.

Este documento recolle as recomendacións consensuadas polas organizacións sindicais e empresariais integrantes da CCAINC, co obxectivo de orientar a negociación colectiva na incorporación da perspectiva de xénero á prevención de riscos laborais.

Pódese consultar directamente en Recomendacións para a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais a través da negociación colectiva