Ir o contido principal

Recomendación do Consello Galego de Relacións Laborais para a negociación colectiva en Galicia no ano 2026

O compromiso coa negociación colectiva como instrumento esencial de regulación das
condicións de traballo, xunto coa preocupación pola diminución do número de convenios
negociados e pola prolongación excesiva dalgúns procesos negociadores, levou ao Pleno do
CGRL a aprobar por unanimidade, na súa xuntanza de 27 de febreiro de 2026, a seguinte
RECOMENDACIÓN para a negociación colectiva en Galicia no ano 2026.