A xornada examinará o papel da negociación colectiva na incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais. Prestará especial atención ao modo de integrar as diferenzas entre mulleres e homes na avaliación de riscos e a organización do traballo. Analizará medidas específicas fronte a riscos frecuentemente invisibilizados, como os psicosociais, ergonómicos, reprodutivos ou os vinculados ao acoso. E presentará recomendacións e propostas de actuación para avanzar cara a contornas de traballo máis seguros, saudables e igualitarios.