Las últimas reformas laborales se hicieron muchos años atrás, y con el objetivo de dar respuesta a una realidad subyacente que cambió desde entonces.
Desde el Consello Galego de Relacións Laborais entendemos que es un momento óptimo para que las instituciones y organizaciones que más directamente aplicamos y estudiamos la legislación laboral podamos intercambiar nuestras opiniones e incluso alcanzar una serie de conclusiones, de consenso si es posible, sobre las líneas de reforma que entenderíamos que debería seguir el legislador para atender las cuestiones más necesitadas de atención del ámbito laboral.
La negociación colectiva, motor que mueve las relaciones laborales, la subcontratación, con su amplia problemática e incompleto reglamento, y la tipología contractual, que no acaba de ser capaz de encontrar unha solución idónea al problema de la excesiva temporalidad do nuestro mercado laboral, fueron los temas elegidos por la Comisión Permanente del Consello como cuestiones no únicas, pero sí centrales, que requieren ser analizadas y debatidas.
En consecuencia, este primer Foro de Debate tiene la finalidad de que se de un coloquio intenso, que se nutra de las aportaciones de la Judicatura, la Universidad y la Inspección de Trabajo y Seguridad Social, más allá de las personas que las representan en las mesas, para lo cual resulta de especial importancia la asistencia y participación de otras de las que integran dichas instituciones participantes, a las que animamos a compartir con nosotros esta jornada y a las que agradecemos enormemente su colaboración.
La jornada tendrá lugar el día 17 de septiembre de 2018 en Santiago de Compostela, en el Pazo de San Roque.
Información e inscripciones:
Consello Galego de Relacións Laborais
Tel.: 981 957 489
Fax: 981 54 16 10
correo: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.gal
As últimas reformas laborais fixéronse moitos anos atrás, e co obxectivo de dar resposta a unha realidade subxacente que mudou dende entón.
Dende o Consello Galego de Relacións Laborais entendemos que é un momento óptimo para que as institucións e organizacións que máis directamente aplicamos e estudamos a lexislación laboral poidamos intercambiar as nosas opinións e incluso acadar unha serie de conclusións, de consenso se é posible, sobre as liñas de reforma que entenderíamos que debería seguir o lexislador cara a atender as cuestións máis necesitadas de atención do eido laboral.
A negociación colectiva, motor que move as relacións laborais, a subcontratación, coa súa ampla problemática e incompleto regulamento, e a tipoloxía contractual, que non acaba de ser capaz de atopar unha solución axeitada ao problema da excesiva temporalidade do noso mercado laboral, foron os temas elixidos pola Comisión Permanente do Consello como cuestións non únicas, pero si centrais, que requiren ser analizadas e debatidas.
En consecuencia, este primeiro Foro de Debate ten a finalidade de que se dea un coloquio intenso, que se nutra das aportacións da Xudicatura, a Universidade e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, máis aló das persoas que as representan nas mesas, para o cal resulta de especial importancia a asistencia e participación doutras das que integran as ditas institucións participantes, ás que animamos a compartir connosco esta xornada e ás que agradecemos enormemente a súa colaboración.
A xornada terá lugar o día 17 de setembro de 2018 en Santiago de Compostela, no Pazo de San Roque.
Información e inscricións:
Consello Galego de Relacións Laborais
Tel.: 981 957 489
Fax: 981 54 16 10
correo: maria.isabel.mosquera.bonome@xunta.gal