A revolución tecnolóxica e dixital reestruturou as relacións colectivas en xeral e a negociación colectiva en particular.
Pero a eclosión da intelixencia artificial e das decisións automatizadas produce efectos aínda máis intensos e imprevisibles, que impoñen unha revisión da enteira relación de traballo.
A privacidade e a protección de datos emerxen como dereitos laborais básicos, ao mesmo tempo que se enceta un debate necesario verbo dos neurodereitos e da súa afectación no marco dos contratos de traballo.
Todos estes temas serán abordados nesta xornada de carácter multidisciplinar, que agardamos sexa do voso interese.
Data de inicio
Data de fin
Programa