A Lei 2/2025, do 29 de abril, desde o 1 de maio, puxo fin á extinción automática dos contratos de traballo nas situacións de Incapacidade Permanente Total, Absoluta e Gran Invalidez.
Esta regulación xeraba debates sobre a protección do traballador e a flexibilidade para as empresas. A reforma proporcionou un marco claro para a xestión da incapacidade permanente definitiva, enfocándose en protexer os dereitos dos traballadores, mentres se establece un procedemento ordenado para a suspensión e posterior extinción do contrato de traballo.
Nesta xornada pretendemos profundar, dende una perspectiva xurídico-laboral, nestas novidades lexislativas, e sobre os dereitos e obrigas que se desprenden tras estes cambios normativos.
É esencial que tanto as persoas empregadoras como as persoas traballadoras estean ben informadas sobre estas disposicións para garantir o cumprimento legal e evitar posibles conflitos.
Polo que ao longo desta xornada fomentaremos o diálogo aberto para construír solucións que beneficien a todos os involucrados.
DIRECCIÓN DA XORNADA
Cristina Fabeiro Varela (Secretaria do CGRL)
Asunción López Arranz (Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UDC)