Ir o contido principal

Publicación do número 26-2026 da Revista Galega de Dereito Social

Hoxe publícase en formato dixital o número 26-2026 da Revista Galega de Dereito Social.

Este primeiro número do ano 2026 correspóndese cos contidos tratados e debatidos na V Xornada Técnica da Sección Galega da AEDTSS, que foi organizada en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais e que tivo lugar o pasado 13 de marzo na Facultade de Dereito da USC. 

Pódese consultar directamente a través desta ligazón: RGDS/26/2026