A Revista Galega de Derecho Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
20 - INTRODUCIÓN
Presentación deste número especial da Revista Galega de Dereito Social, dedicado á "Materia Retributiva: Cuestións de Actualidade", resultado da Xornada Técnica celebrada o 26 de abril de 2024 na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. A Xornada Técnica, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais e a Sección Galega da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social (AEDTSS), reuniu a destacados académicos e profesionais para abordar os desafíos e avances máis relevantes na cuestión salarial.
20 - SALARIO E NEGOCIACIÓN COLECTIVA LOGO DO V AENC
A sinatura do V Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva supuxo un importante impulso para a renovación dos convenios. En xeral, a maioría dos asinados nos últimos anos seguiron as súas directrices e o mesmo sucedeu cos que se negociaron no ámbito galego. Con estas premisas, nas páxinas que seguen se describe a evolución das cláusulas verbo dos incrementos retributivos e se alude aos principios de maior transparencia nas estruturas salariais e igual retribución por traballo de igual valor. A tal efecto, faise un repaso dos diferentes complementos salariais que se pactan actualmente, así como dos conceptos extrasalariais. E finalízase cunha valoración de síntese, con especial fincapé na evidente modernización e melloramento técnico das cláusulas dos convenios.
20 - O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL NO CONTEXTO DA CARTA SOCIAL EUROPEA
A contía do salario mínimo interprofesional ten como finalidade cuantificar economicamente a acción de dar que supón o cumprimento da obriga empresarial de retribuír o traballo realizado, pero tamén ten outra que está directamente relacionada coa razón de traballar, que é a de obter ingresos económicos suficientes para facer fronte ás necesidades da vida da persoa traballadora e daqueloutras que dela dependan. O dereito a unha remuneración suficiente (que menciona a Constitución Española no seu artigo 35.1) é o punto de partida para analizar aquí a contía do salario mínimo interprofesional en España, tomando como referencia legal (e obrigatoria) a Carta Social Europea e a súa interpretación e aplicación por parte do Comité Europeo de Dereitos Sociais. De acordo con esta referencia, a contía do salario mínimo interprofesional español non garante un nivel de vida digno e, por iso mesmo, é manifestamente inxusta, razón pola cal resultan de suma importancia todas aquelas iniciativas que propoñen incluír no artigo 27.1 do Estatuto dos Traballadores que a contía do salario mínimo interprofesional se sitúe como mínimo no 60% do salario medio (cumprindo
Traballo realizado ao amparo do proxecto de investigación estatal PID2022-136807NB-I00, otorgado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. International Expert Consultant of the Council of Europe (Department of the European Social Charter).
40 DOUTRINA RGDS (20, 2024)
o disposto polo Comité Europeo de Dereitos Sociais en aplicación da Carta Social Europea); e moito máis desde o momento en que Directiva (EU) 2022/2041 permite aos Estados membros contías inferiores.
20 - A FENDA RETRIBUTIVA POR RAZÓN DE SEXO
A fenda retributiva por razón de sexo mostra, dende unha perspectiva económica, as diferenzas retributivas entre homes e mulleres. Diferenzas cuxa multiplicidade de causas merecen un estudo que non só pola súa extensión, senón polo seu denso contido, desborda o obxecto deste artigo e se aparta das súas implicacións xurídicas. Estas son xustamente as que queren poñerse de relevo nesta sede, pois a diferenza retributiva xustificada por criterios obxectivos e razoables non encaixa no canon de “igual retribución por traballo de igual valor” ordenado no art. 28 do ET. Entón, a verdadeira fenda retributiva, a que atenta contra o canon sinalado, orixínase polas desigualdades no prezo de traballo de carácter irracional ou artificial, é dicir, con mera aparencia de legalidade (desigualdade ilícita) e por esas mesmas desigualdades amparadas nunha condición odiosa de segregación, mutatis mutandis, a sexual (discriminación). Ocorre que as enquisas encargadas de mostrar os datos que avalan as diferenzas retributivas non permeabilizan a desigualdade lícita da ilícita e da discriminación, á vez que nalgunhas o método de medición empregado non é fiable, pois utilizan as medias retributivas, e non as medianas. A aprehensión da verdadeira realidade ao redor deste problema garantiría a súa eficaz e persistente resolución, o que pode ser fornecido polo rexistro retributivo