A Revista Galega de Dereito Social é unha publicación científica en materia socio-laboral editada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Táboa de contidos
21 - A AXILIZACIÓN DO PROCESO LABORAL NO RDL 6/2023: ACUMULACIÓN, PREITO TESTEMUÑA, EXTENSIÓN DE EFECTOS E PROCESO MONITORIO
Un dos males que afecta actualmente á administración de xustiza é a situación de conxestión á que se enfronta, algo común a todas as ordes xurisdicionais. A xustiza debe chegar a tempo ou non chegará. Tras un longo proceso de reforma, no mes de decembro de 2023 aprobouse o RDL 6/2023 que, sen entrar noutras cuestións, contén un importante bloque de medidas que procura impulsar a eficiencia procesual. O obxecto deste traballo é dar conta daquelas que incidiron de maneira directa na reforma da LRXS co devandito propósito, o que conduce á análise das catro cuestións que se anuncian no título do estudo.
AS ADAPTACIÓNS DA PRESTACIÓN LABORAL ÁS NECESIDADES DE CONCILIACIÓN FAMILIAR: UNHA PERSPECTIVA TÓPICA
Este traballo explora a aplicación do método tópico ao contexto do Dereito Laboral, especificamente en relación coas adaptacións da xornada e do modo de prestación de traballo para satisfacer as necesidades de conciliación familiar, segundo o artigo 34.8 do Estatuto dos traballadores español. Trátase dunha norma “de textura aberta” que xera unha certa incerteza para os operadores xurídicos porque a primeira vista apunta a un conflito de intereses que debe reconducirse, con todo, a unha solución razoada en Dereito. A través dun enfoque que combina a retórica clásica coa teoría da argumentación xurídica moderna, o estudo propón un marco teórico que permite identificar os “tópicos” aplicables a estas situacións. Posteriormente, proporciónanse ferramentas argumentativas concretas para as partes, combinando este marco teórico coa observación da práctica xudicial. Finalmente, ofrécense unha serie de orientacións metodolóxicas para asistir aos xuíces na adopción e xustificación das súas resolucións nesta materia.
21 - DISCRIMINACIÓN ALGORÍTMICA NO EMPREGO E NA RELACIÓN LABORAL
A proliferación da intelixencia artificial e dos algoritmos no ámbito xurídico laboral, creou un debate xurídico acerca das consecuencas que o seu uso pode conlevar entorno aos dereitos fundamentais. Tamén, no referido as aplicacións destes mecanismos automatizados nos procesos de acceso ao empleo, o dereito a unha intervención humana mínima e o obligado deber de transparencia. Por iso, tras diversa normativa soft law, a Unión Europea definiu como prioridade, a aprobación dunha futura “Lei de Intelixencia Artificial”, que supondrá un antes e un despois á hora de configurar o uso e os límites da IA.
18-CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO INDIVIDUAL
Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en materia de dereito individual do traballo ditadas no segundo semestre de 2022.
21 - CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO COLECTIVO
Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en materia de dereito colectivo do traballo ditadas no primeiro semestre de 2024.
21 - CRÓNICA XURISPRUDENCIAL. DEREITO DA SEGURIDADE SOCIAL
Notas sobre as sentenzas máis destacadas do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia en materia de dereito da seguridade social ditadas no primeiro semestre de 2024.
21 - RECENSIÓN DO LIBRO "LIBRO BLANCO SOBRE EMPLEO Y DISCAPACIDAD"
Recensión do libro: Romero Ródenas, Maria José, "Libro blanco sobre empelo y discapacidad", Tirant lo Blanch, 2023, 1136 páxs.
21 - RECENSIÓN DO LIBRO "LAS MODALIDADES DE CONTRATACIÓN LABORAL DEL PROFESORADO Y DEL PERSONAL INVESTIGADOR EN LAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS"
Autor: Moreno Gené, Josep (Dir.) Editorial: Atelier, 2024, 233 páxs.
21 - RECENSIÓN DO LIBRO "LA GENTE DEL MAR EN EL DERECHO DE LA UNIÓN EUROPEA"
Autor: Fotinopoulou Basurko, Olga Editorial: Aranzadi, 2023, 313 páXs.
21 - RECENSIÓN DO LIBRO "EL TRABAJO FAMILIAR: ACTIVIDAD ASALARIADA VERSUS POR CUENTA PROPIA"
Autor: Menéndez Sebastián, Paz Editorial: Atelier, 2023, 175 páxs.
21 - OBSERVATORIO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA. 1º SEMESTRE DE 2024
Observatorio de negociación colectiva en Galicia correspondiente al 1º semestre de 2024